Descarga o instalador de Piztu
Escolle o instalador segundo o que precises: administrar a aula por completo, ter só unha aula virtual con editor, instalar unicamente o editor de prácticas e exames ou xerar a documentación do departamento con Lua.
¿Administras a aula fÃsica?
Piztu completo
Inclúe todo: control da aula (Xesta, Pancho), aula virtual e o editor Yang.
¿Só queres crear material?
Yang en solitario
Editor de prácticas e exames, xerais ou individualizados, con exportación a PDF, LaTeX e Markdown. Dispoñible para Linux Debian e Windows.
¿Documentas o teu departamento?
Lua en solitario
Xera o cronograma anual cos fitos máis importantes do curso, as actas mensuais do departamento e o seguimento das programacións, con exportación a PDF, Word e OpenDocument. Dispoñible para Linux, Windows e macOS.
Por onde comezar?
Se acabas de chegar a Piztu e non sabes moi ben por onde comezar, podemos ir de menos a máis, para que vaias entendendo o proxecto aos poucos.
Instalación de Yang
Yang é un editor de prácticas e exames. Podes redactalos á man ou valerte da intelixencia artificial para crealos. Antes de nada, proba a abrir estes dous exemplos e compÃlaos en formato PDF:
Se engades a túa propia API KEY dunha intelixencia artificial (por exemplo, unha de Gemini), poderás ver como se crean exercicios e prácticas coa axuda do asistente integrado en Yang.
