Que é Piztu?

Un ecosistema modular para a aula

Piztu non é só “outro sistema de aulas”: é un ecosistema modular que che deixa administrar unha aula física, montar unha aula virtual e crear material educativo individualizado, todo dende as mesmas pezas, combinadas segundo o que precises. Serve igual en primaria, secundaria ou universidade porque non impón un único modelo de aula — decides ti canto necesitas.

Tres formas de usalo

Modo completo — Piztu

Instalas o ecosistema enteiro: xestionas a aula física con Xesta (control por IA vía Ansible/Salt) e Pancho (informes de equipos/usuarios), e ademais podes montar unha aula virtual e crear material individualizado con Yang.

Modo aula virtual — Tao + Yang

Instalas só Tao e Yang: unha aula virtual contra un servidor (o do profesor, ou incluso fóra da rede) máis o editor de material. Aquí non se administra hardware físico.

Só o editor — Yang

Instalas unicamente Yang para crear prácticas e exames, xerais ou individualizados, con exportación a PDF, LaTeX ou Markdown.

Todo libre, todo modular: colles as pezas que necesites.

Crear material é fácil. Distribuílo, non — por iso existe Tao

Hoxe xa hai ferramentas dabondo para crear prácticas e exames: con Yang faise pedíndollo á IA ou de forma manual, e pódense xerar tantas versións como alumnado haxa se o enunciado leva valores aleatorios.

O difícil de verdade é distribuír ese material e comprobar que se fixo como toca. Moodle resulta ríxido para isto — non é trivial, e adoita ser un coñazo. Aquí é onde entra Tao: reparte cada práctica a cada alumno individualmente, ou crea unha práctica xeral e personaliza algunhas copias. Ademais:

  • O alumnado xera un informe con sinatura dixital da súa práctica, para frear o copia e pega.
  • Pódese esixir que a práctica se faga dentro da aula, controlada por Piztu.

Piztu vs. Moodle

Non son competidores directos.

Moodle

Foco
Xestionar cursos e contidos
Crear material individualizado
Limitado
Distribuír e controlar a realización
Ríxido, complexo
Control físico da aula
Non

Piztu Recomendado

Foco
Xestionar a aula (equipos, alumnado…) en tempo real
Crear material individualizado
Con IA e valores aleatorios (Yang)
Distribuír e controlar a realización
Directo, con sinatura dixital e control de aula (Tao)
Control físico da aula
Si, con Xesta e Pancho

Moodle xestiona contido. Piztu xestiona a aula enteira — dende crear a proba ata garantir que se fixo onde e como tocaba.

Scroll ao inicio