Módulos

Cinco módulos, un só ecosistema

Xesta e Pancho controlan a aula física; Tao conecta co alumnado e distribúe material; Yang crea ese material; Lua documenta o traballo do departamento. Colles as pezas que precises.

01

Xesta

Administra a aula falándolle en galego

Convirte unha petición en linguaxe natural nun script de Ansible ou Salt, listo para executar sobre os equipos da aula. En vez de escribir un playbook á man, o profesorado describe o que quere facer e Xesta xera a acción correspondente.

  • Baixa a barreira técnica: non fai falla saber administración de sistemas
  • Rapidez: o que levaría escribir e probar un playbook faise nunha soa frase
  • Seguridade por deseño: illado do módulo Tao, nunca accede a datos do alumnado
Xesta interface
02

Pancho

Sabe quen está en cada equipo, dun vistazo

Xera un informe en PDF do estado real da aula: que equipo está a usar cada alumno e con que IP, todo nunha táboa ordenada e lista para gardar ou entregar.

  • Non almacena nada por conta propia: nin credenciais nin IPs quedan gardadas
  • Accede a datos sensibles só cando o profesor o autoriza explicitamente con credenciais propias
  • Un informe completo da aula en segundos, sen configuración previa
Pancho interface
03

Tao

O posto do alumnado, controlado e conectado

Tao é o módulo que vive en cada equipo do alumnado. Bloquea e monitoriza a pantalla, leva un explorador de ficheiros e un historial de sesión — e é a peza que fai posible distribuír material educativo (creado con Yang) e comprobar que se realizou como tocaba.

  • Visibilidade real da aula: sabes que está a facer cada alumno, non só que equipo ten acendido
  • Distribución individualizada de prácticas, con sinatura dixital para frear o copia e pega
  • Illamento estrito dos datos: só accede quen o profesor autoriza explicitamente
Tao interface
04

Yang

Crea prácticas e exames sen escribir código

Editor de bloques (ao estilo Snap!) con previsualización en PDF real, pensado para crear prácticas e exames — xerais ou individualizados por alumno — sen ter que domar ningunha ferramenta de maquetación.

  • Rapidez real: crear unha proba completa leva minutos, non horas
  • Flexibilidade: úsao só, en modo aula virtual (Tao + Yang), ou dentro do ecosistema completo
  • Ningunha ferramenta externa: nin LaTeX nin editores de PDF por separado
Yang interface
05

Lua

Cronograma e actas do departamento, sen loitar co formato

Lua xera a documentación do departamento didáctico: o cronograma anual, as actas mensuais e o seguimento da programación de cada materia. O profesorado escribe o contido nun formulario sinxelo e Lua encárgase da portada, o índice, o deseño e a sinatura, co estilo do centro.

  • Menos burocracia, máis pedagoxía: o rexistro mensual substitúe a reconstrución de memoria a final de curso
  • Un estilo para todo o centro: logotipo, cabeceira e cores defínense unha vez e valen para todos os documentos
  • Sae en PDF, Word e OpenDocument, e un asistente de IA opcional axuda a redactar e a crear o estilo a partir dun documento de mostra
Interface de Lua co cronograma anual dun departamento

Listo para probalo?

Descobre que é Piztu e como instalalo no teu centro.

Comezar agora

 

Scroll ao inicio