
Un script para instalar sempre a última versión de LibreOffice, e o mesmo convertido en acción de Xesta para despregalo en toda a aula dun só golpe.
Para ter LibreOffice sempre actualizado na aula sen andar buscando a versión a man, preparei un script sinxelo: detecta cal é a última versión estable, quita a instalación anterior e instala a nova, coas linguas galegas de interface e axuda incluídas.
Descargar o script
Podes descargalo directamente e executalo como root nun equipo:
⬇ Descargar instalar_libreoffice.sh
Despregalo en toda a aula con Xesta
Para non repetilo posto por posto, describínlle este mesmo script a Xesta e devolveume un estado de Salt que o deixa en cada equipo e o executa automaticamente:
⬇ Descargar o código Salt (.sls)
⚠️ Proba primeiro nun só equipo antes de lanzalo a toda a aula, e reinstala LibreOffice cando non haxa alumnado traballando con el.
Como sempre, o cambio non é o programa, senón non ter que repetir a instalación equipo por equipo cada vez que sae unha versión nova.
