Lua colle o relevo de Yang: un só programa, máis fácil de actualizar

Lua, co traxe de superheroe, collendo o relevo de Yang

Lua colle o relevo: todo o que facía Yang, agora nun só programa.

Aviso para as persoas usuarias de Piztu: Lua xa inclúe todas as funcionalidades de Yang. Por iso, Yang deixa de actualizarse e desaparece como programa independente.

01 · Que cambia

Ata agora, Piztu tiña dous programas para crear documentos: Yang, o editor de prácticas e exames, e Lua, para a documentación do departamento. Lua medrou ata asumir todo o que facía Yang, así que non ten sentido manter os dous por separado.

02 · Que significa para ti

  • Yang non recibirá máis actualizacións nin correccións, e deixará de estar dispoñible nas descargas.
  • Todo o que facías con Yang podes facelo agora con Lua: crear prácticas e exames, xerais ou individualizados, coa axuda do asistente de IA ou á man.
  • Un só programa que manter ao día. Instalar e actualizar Piztu é máis sinxelo: menos pezas, menos versións e menos posibilidades de que algo quede desfasado.

03 · Que tes que facer

Se usabas Yang, instala a última versión de Lua e continúa traballando desde alí. Se tes Piztu instalado, Lua aparece en ⚙ Aula → Módulos. Funciona en Linux, Windows e macOS, e está en galego, castelán, inglés e portugués.

Lua é software libre baixo licenza AGPLv3. O código está no repositorio.

Scroll ao inicio